Lingua susu

Susu
Sosoxi
Falado en: Guinea, Serra Leoa, Senegal e Guinea-Bissau
Total de falantes: 1,06 millóns (2001-2006)
Familia: Níxer-congo
 Mandé
  Mandé occidental
   Mandé central
    Soso–Yalunka
     Susu
Status oficial
Lingua oficial de: Guinea Guinea (lingua nacional)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: sus
ISO 639-3: sus
Mapa
Status

A lingua susu (cuxo endónimo é Sosoxi) é a lingua do pobo susu falada en Guinea e Serra Leoa, en África occidental. Forma parte da familia lingüística mandé.

É unhas das linguas nacionais de Guinea e é falada principalmente na rexión litoral do país.

A lingua foi usada historicamente polos pobos costeiros de Guinea e Serra Leoa como lingua franca. A primeira mostra de literatura en lingua susu foi unha tradución dos sete primeiros capítulos do Evanxeo de Mateu, traducidos por John Godfrey Wilhelm da Church Mission Society. Foi publicada en Londres como "Lingjili Matthew" no ano 1816. J.G. Wilhelm traduciu tamén unha parte considerable do Novo Testamento, mais semella que só unha poucas partes foron finalmente publicadas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]