Lingua taa

Taa
Taa ǂaan
Outros nomes:!Xóõ
Falado en: Namibia, Botswana
Total de falantes: 2 600 (2011)
Familia: Tuu
 Taa–baixo nossob
  Taa
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: nmn
Mapa
Status

A lingua taa, tamén coñecida como lingua !Xóõ, é unha lingua khoisa notable pola súa gran cantidade de fonemas, quizais a que máis ten no mundo.[1] A maioría dos falantes viven en Botswana, pero uns poucos centos tamén viven en Namibia. O pobo chámase a si mesmo ǃXoon (pl. ǃXooŋake) ou ʼNǀohan (pl. Nǀumde), dependendo do dialecto que falen.

Taa é a palabra para 'ser humano'; o nome local da lingua é Taa ǂaan, que provén de ǂaan 'lingua'. ǃXoon (!Xóõ) é etónimo empregado nas zonas limítrofes cos falantes de taa, pero non é empregado polos propios taa entre eles.[2] A maioría dos falantes de taa son da etnia ǃXoon (plural ǃXooŋake) ou 'Nǀohan (plural Nǀumde).[3]

  1. Click languages
  2. Gertrud Boden, 2007, ǃQamtee ǀaa ǂXanya: 'the Book of Traditions' : Histories, Texts and Illustrations from the ǃXoon and 'Nǀohan People of Namibia
  3. DoBeS, “Taa”.