Tutong | ||
---|---|---|
Falado en: | Brunei | |
Rexións: | Tutong | |
Total de falantes: | 17 000 (2006) | |
Familia: | Linguas austronesias Linguas malaio-polinesias Linguas borneanas Linguas sarawakas setentrionais Berawan - baixo baram Baixo baram Kiput–belait Tutong | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ttg
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua tutong é unha lingua falada por aproximadamente 17,000 persoas en Brunei. É a lingua principal do pobo tutong, o grupo étnico maioritario do distrito de Tutong, en Brunei.
O tutong é unha lingua austronesia e pertence ó grupo rejang-baram de linguas faladas en Brunei, así como en Kalimantan, Indonesia, e Sarawak, en Malaisia.[1] O tutong está estreitamente relacionado co belait, e arredor do 54% das palabras ten unha raíz común con ela.[2]