Lingua wallisiana

Wallisiano
Fakaʻuvea
Falado en: Wallis e Futuna
Total de falantes: 10.400 (2000)
Familia: Austranesio
 Oceánico
  Polinesio
   Polinesio nuclear
    Wallisiano
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: wls
Mapa
Status

O tongano está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O wallisiano ou ʻuveano é unha lingua polinesia falada na illa de Wallis (tamén coñecida como ʻUvea). A lingua tamén é coñecida como uveano do leste para distinguila da lingua uveana do oeste falada na illa de Ouvéa, preto de Nova Caledonia. Esta illa foi colonizada dende a illa de Wallis no século XVIII.

Indíxena da illa de Wallis, a lingua tamén é falado en Nova Caledonia dende a década de 1950 por mor da migración de moitos wallisianos (especialmente en Nouméa, Dumbéa, La Foa e Mont Dore).[2] Segundo o CIA World Factbook, en 2015 tiña 7.660 falantes.[3] Porén, Livingston (2016) expón que o número real de falantes é moito máis alto (ao redor de 20.000), aínda que é difícil de contar con precisión.[4]

A lingua máis achegada ao wallisiano é o niuafo'ou.[5] Tamén está estreitamente relacionada co tongano, xa que aínda que forma parte do subgrupo samoico, conta con moitos préstamos e influencia do tongano debido á invasión tongana da illa nos século XV e XVI. Wallis está habitada dende hai 3.000 anos.[6]

O wallisiano ten dez vogais: as cinco vogais estándar: /a, e, i, o, u/ e as súas variantes alongadas: ā, ē, ī, ō, ū.[7]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. (Livingston 2016, p. 1)
  3. "Wallisian". Ethnologue (en inglés). Consultado o 2018-12-09. 
  4. (Livingston 2016, p. 4)
  5. Tsukamoto, Akihisa (1988). The language of Niuafo'ou Island (Doctoral Thesis). Australian National University. pp. 2, 8. 
  6. Pollock, Nancy J. Rethinking Western Polynesia, 'Uvea in the Early Tongan Empire. 1996
  7. (Moyse-Faurie 2016, p. 16)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]