Yugh | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [ɟuk] | |
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Río Ienisei | |
Total de falantes: | 0 (2023) | |
Familia: | Linguas na-dené Linguas ieniseianas Yugh | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | yug
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
A lingua yugh (IPA: [ɟuk]) foi unha lingua ieniseiana extinta, próxima á lingua keta. Era falada polo pobo yugh, un dos grupos meridionais que habitaban a rexión do río Ienisei, no centro de Siberia.[1]
O yugh considerábase un dialeto do keta, anteriormente clasificada como unha lingua illada. Por iso, era coñecido como keta sureño. Porén, para o pobo keta é un idioma distinto.
Na actualidade, considéranse emparentadas coa familia na-dené.[2]
Na década dos noventa, apenas quedaban tres falantes nativos de yugh, polo que se consideraba funcionalmente extinta. No censo do 2010, só consta un membro do pobo yugh.[3]