Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Linguado do Senegal Linguado branco | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Detalle da cabeza de S. senegalensis | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Solea senegalensis Kaup, 1858 |
O linguado do Senegal ou linguado branco[1] (Solea senegalensis) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[2]
É unha especie moi semellante ao linguado común (S. solea), que habita nas costas do océano Atlántico oriental, desde as do golfo de Biscaia até as da África central, e tamén se atopa no Mediterráneo occidental.
Na actualidade é obxecto de importante cultivo en acuicultura en Galicia (e noutros países), que está en fase de expansión.
A especie foi descrita en 1858 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup.
Ademais de polo nom,e orixinario, e actualmente válido, que lle impuxo Kaup, a especie coñécese tamén polos sinónimos:[2]
É moi semellante a Solea solea, o linguado común, do que difire, exteriormente, porque a mancha da aleta pectoral é menos marcada, e na anatomía interna, porque presenta 9 vértebras precaudais, mentres que S. solea ten 10.[3]
Alcanza un tamaño máximo de até os 60 cm,[4] aínda que a media dos exemplares capturados rolda os 45 cm.[5]
A súa aleta dorsal está sustentada por 72 a 95 raios, e a anal, por de 60 a 75. A súa columna vertebral presenta de 44 a 46 vértebras.
O último raio das aletas dorsal e anal están unidas por unha membrana á base da aleta caudal.
A rama supratemporal da liña lateral forma un arco.
A aleta pectoral do lado ocular ou pigmentado presenta unha mancha escura na súa parte distal.
A coloración do lado ocular é parda clara, e a do lado cego, abrancazada.[6]
É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, que adoita habitar a profundidades de entre os 12 e os 65 m,[4] en augas subtropicais do Atlántico oriental, entre os 47° N e os 14° N, e entre os 19° W e 1° W.[7]
Predominantemente litoral, vive en fondos areosos ou lamacentos, fóra das zonas costeiras, até os 100 m de profundidade, e en lagoas salobres.
Aliméntase basicamente de invertebrados bentónicos, como larvas de poliquetos e moluscos bivalvos, e tamén de pequenos crustáceos.
Alcanza a madurez sexual cando mide uns 30 cm. A desova ocorre entre os meses de marzo e xuño.[7]
Solea senegalensis captúrase nas zonas de pesca 27, 34 e 37 (nordeste do Atlántico, Atlántico centro-leste e Mediterráneo, respectivamente).[1]
Ademais, é obxecto dunha importante industria acuícola. (Ver ligazóns externas).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Linguado do Senegal |