Aimarás | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Jaqi, Aru | |
Falado en: | Bolivia e o Perú | |
Rexións: | Andes centrais | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Quechumara ? Aimarás | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | O Perú e Bolivia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas aimarás[1] (tamén coñecidas como jaqi ou aru) son unha das dúas familias lingüísticas dominantes nos Andes centrais, xunto coa familia de linguas quechuas. A familia componse da lingua aimará, amplamente falada en Bolivia e partes do Perú, e as ameazadas linguas jaqaru e kawki do Perú.
Hardman (1978) propuxo o nome jaqi para o nome da familia (1978), Alfredo Torero propuxo aru que quere dicir 'falar' e Rodolfo Cerrón Palomino aimará, en dúas ramas, o aimará do sur (ou do altiplano) e o aimará central (jaqaru e kawki). Outro nome da familia é jaqui (tamén escrito haki).
As linguas quechuas, especialmente as do sur, comparten unha gran cantidade de vocabulario co aimará, e moitas veces as linguas foron agrupadas co nome de quechumaran. Esta proposta é controvertida e o vocabulario compartido pode explicarse mellor como un préstamo intensivo debido ao contacto a longo prazo.
Jolkesky (2016) observa que hai semellanzas léxicas coas linguas quechua, kunza, leco, uru-chipaya, arauaca e puquina debido ao contacto.[2]
As linguas aimaarás constan de dúas ou tres linguas:
O aimará ten arredor de 2,2 millóns de falantes; 1,7 millóns en Bolivia, 350.000 no Perú, e o resto en Chile e a Arxentina. O jaqaru ten aproximadamente 725 falantes no centro do Perú, e o kawki tiña 9 falantes sobreviventes en 2005. O kawki está pouco documentada aínda que a súa relación co jaqaru é bastante estreita. Inicialmente, Martha Hardman consideraba que eran linguas diferentes (con datos moi limitados naquel momento), mais todo o traballo de campo e as investigacións posteriores contradiron e demostraron que son dialectos mutuamente intelixibles pero diverxentes dunha única lingua.