Linguas bantoides | ||
---|---|---|
Falado en: | África subsahariana | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Níxer-congo ? Atlántico-congo Volta-congo Benue-congo Linguas bantoides | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas bantoides son unha rama importante da familia benue–congo. Componse das linguas bantoides setentrionais e das linguas bantoides meridionais, unha división que tamén inclúe as linguas bantús, as cales constitúen a inmensa maioría da rama e polas cales recibe o seu nome este grupo.
O termo "bantoide" foi empregado por vez primeira por Krause en 1895 para referirse ás linguas que amosaban semellanzas no seu vocabulario co bantú. Joseph Greenberg, na súa obra de 1963 The Languages of Africa, definiu bantoide como o grupo ao que pertencían as linguas bantús xunto cos seus parentes máis achegados, sendo este uso do termo o que se segue a empregar no presente. Porén, segundo Roger Blench, as linguas bantoides poderían non formar un grupo coherente.[1]