Linguas charrúas | ||
---|---|---|
Falado en: | Arxentina e o Uruguai | |
Rexións: | Rexión de Entre Ríos | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Americana Mataco–guaicuru ? Linguas charrúas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas charrúas ou charruanas son un conxunto de polo menos catro linguas indíxenas de América extintas que se falaron no nordés da Arxentina, gran parte do Uruguai, e posiblemente Paraguai, polos charrúas, os chanás e outras etnias da conca da Prata. Aínda que as linguas charrúas críanse extintas dende había un par de séculos, en 2005 apareceu un semifalante de lingua chaná.[1]
As linguas charrúas ocupaban parte do sector sur da conca da Prata. Estímase que as linguas deberon desaparecer do uso público cara ó século XVIII ou século XIX nos lugares máis illados.
As linguas charrúas están mal documentadas, existen algunhas listas léxicas nalgunhas linguas charrúas pero non existen descricións gramaticais importantes. Recentemene Viegas Barros traballou co que podería ser o último semifalante de chaná, que achegou algunhas formas léxicas e algunhas frases curtas.
Os datos permiten afirmar que existen rexistros de polo menos catro linguas charrúas diferentes:[2]