Malí é un país multilingüe con 21,9 millóns de persoas. As linguas faladas alí reflicten un padrón de asentamento antigo, migracións, e a súa longa historia. Ethnologue cataloga máis que 80 linguas. Entre elas, o bambara, o bobo, o bozo, o dogon, o fula, o árabe hassaniya, o kassonke, o maninke, o minyanka, o senufo, as linguas songhay, o soninke e o tamasheq son linguas oficiais.[1][2] O francés é a lingua de traballo.[1]
O francés, que se introduciu durante o período colonial, mantívose como lingua oficial dende a independencia do país ata 2023. Como lingua de traballlo,[3] úsase no goberno e na educación formal. As estimacións do número de malianos que falan realmente francés son baixas, e case todos falan francés como segunda lingua. As estimacións de 1993 indican que só había uns 9.000 malianos que falaban francés como primeira lingua.[4]
Article 31 : Les langues nationales sont les langues officielles du Mali.
Langues nationales : langues considérées comme propres à une nation ou à un pays. Selon la Loi n°96- 049 du 23 août 1996, les langues nationales du Mali sont : le bamanankan (bambara), le bomu (bobo), le bozo (bozo), le dTgTsT (dogon), le fulfulde (peul), le hasanya (maure), le mamara (miniyanka), le maninkakan (malinké) le soninke (sarakolé), le soKoy (songhoï), le syenara (sénoufo), le tamasayt (tamasheq), le xaasongaxanKo (khassonké).