Linguas gyalrong | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Linguas rgyalrong | |
Falado en: | China | |
Rexións: | Sichuan | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Linguas sino-tibetanas Linguas burmo-qiángicas ? Linguas gyalrong | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas gyalrong ou rgyalrong (en tibetano: རྒྱལ་རོང; Wylie: rgyal rong; THL: gyalrong), tamén chamadas jiarong (Chinés tradicional: 嘉絨語; chinés simplificado: 嘉绒语; pinyin: jiāróngyǔ), forman unha rama da familia lingüística sino-tibetana.[1][2][3] Fálanse na provincia de Sichuan na República Popular da China.
O nome "gyalrong" é unha abreviatura de shar rgyal-mo tsha-ba rong (en tibetano: ཤར་རྒྱལ་མོ་ཚ་བ་རོང), que significa "os calorosos vales da raíña", en referencia ao monte Murdo.[4] Este está situado na rexión histórica de Kham, na actual provincia chinesa de Sichuan. A palabra tibetana "gyalrong" pasou ao chinés como jiāróng (representada polos sinogramas 嘉绒, 嘉戎 ou 嘉荣). É, xa que logo, un heteroglotónimo de orixe xeográfica. O autoglotónimo é pronunciado [kəru] en situ e [kɯrɯ] en japhug. O pobo gyalrong descende dos antigos guerreiros tibetanos desprazados nas fronteiras, onde acabaron por se asentar.[5]
As linguas gyalrong son:[6]
Clasificación:[3]