Iupik | ||
---|---|---|
Falado en: | Alasca e Siberia | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Esquimó-aleutiana Esquimó Iupik | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas iupik[1] son un grupo de varias linguas faladas polos pobos iupik do oeste e o centro de Alasca, así como do nordeste de Siberia. As linguas iupik diferéncianse unhas das outras de abondo como para non ser mutuamente intelixibles, malia que o falante dunha lingua pode entender a idea xeral da conversa dos falantes doutra lingua. Unha delas, o sirenik, extinguiuse en 1997.
As linguas iupik forman parte da familia de linguas esquimó-aleutianas. O aleutiano e as linguas esquimós diverxeron no -2000, e dentro das linguas esquimós, as iupik diverxeron das linguas inuit arredor do ano 1000.
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |