Linguas lenca | ||
---|---|---|
Falado en: | Honduras e O Salvador | |
Rexións: | Centroamérica | |
Extinción: | (~1990) | |
Familia: | Americana Macrochibcha ? Linguas lenca | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | len
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas lenca[2] son unha pequena familia de linguas indíxenas mesoamericanas extintas, faladas outrora no Salvador e Honduras (países onde o pobo indíxena lenca conta cunha poboación de 37 000 e 100 000 persoas respectivamente).
Historicamente, a maioría de lingüistas, seguindo a Lehman (1920) consideraban que existía algún parentesco coas linguas xincas, aínda que a evidencia a prol desta teoría é máis ben escasa. Recentemente A. Constenla (2002, 2005) baseándose no método comparativo logrou probar o parentesco das linguas lenca coas linguas misumalpas e á súa vez coas linguas chibchas.
A familia lenca está formada por estas dúas linguas:
Entre ámbalas dúas linguas, Swadesh estimou por métodos glotocronolóxicos uns 20 séculos de separación, polo que as súas diferenzas son comparables ás das linguas románicas.