A linguaxe de nai[Cómpre referencia], coñecida tamén polo anglicismo motherese[1], é un subcódigo lingüístico que a nai, dentro do grupo dos homínidos, utiliza co seu fillo pequeno. As súas principais características son[2]: ton alto, entoación esaxerada, morfemas prolongados e simplificados, frases sinxelas e breves, utilización de onomatopeas, diminutivos e repetición de palabras e medias frases.