Linguaxe de programación Oz

Linguaxe de programación Oz
Instancia delinguaxe de programación, constraint programming language (en) Traducir e linguaxe de programación multiparadigma Editar o valor en Wikidata
Influído porErlang, Lisp e Prolog Editar o valor en Wikidata
LicenzaLicenza MIT Editar o valor en Wikidata
Características
Linguaxe de programaciónC++ Editar o valor en Wikidata
Paradigma de programaciónProgramación con restricións, programação multi-paradigma (pt) Traducir, programación funcional, programación imperativa, programación orientada a obxectos, programação concorrente (pt) Traducir e programação baseada em protótipos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sistema de tiposdynamic typing Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Creación1991 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Deseñador/aGert Smolka Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBmozart-oz.org Editar o valor en Wikidata
Repositoriomozart.github.io Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Oz foi orixinalmente desenvolvido no laboratorio de Programación de Sistemas na Universidade de Saarland por Gert Smolka e os seus estudantes a comezos de 1990. En 1996 o desenvolvemento de Oz continuou en cooperación co grupo de investigación de Seif Haridi no Instituto Sueco de Ciencias da Computación. Desde 1999, Oz foi continuamente desenvolvido por un grupo internacional, o Consorcio Mozart, que estivo composto orixinalmente pola Universidade de Saarland, o Instituto Sueco de Ciencias da Computación, e a Universidade Católica de Louvain. En 2005, a responsabilidade de xestionar o desenvolvemento de Mozart foi transferida a un grupo base, o Taboleiro Mozart, co propósito expreso de abrir o desenvolvemento de Mozart a unha comunidade maior.

Oz ten unha implementación de gran calidade, o Sistema de Programación Mozart, o cal foi liberado cunha licenza de Código Aberto polo Consorcio Mozart. Mozart foi portado a diferentes plataformas como Unix, FreeBSD, Linux, Microsoft Windows, e Mac OS X.

Características da linguaxe

[editar | editar a fonte]

Oz contén unha forma simple e ben feita da maioría dos conceptos dos principais paradigmas de programación, incluíndo programación lóxica, funcional, imperativa, orientada a obxectos, con restricións, distribuída, concorrente. Oz ten unha semántica formal simple e unha implementación eficiente, o Sistema de Programación Mozart. Oz é unha linguaxe orientada á concorrencia, termo introducido por Joe Armstrong, o principal deseñador da linguaxe Erlang. Unha linguaxe orientada á concorrencia fai á concorrencia fácil de usar e eficiente.

Como complemento á programación multiparadigma, as principais vantaxes de Oz radican na programación con restricións e a programación distribuída. Debido ao seu deseño, Oz implementa un modelo de programación distribuído que fai á rede transparente. Este modelo fai fácil programar aplicacións abertas e tolerantes a fallas na linguaxe. Para Programación con restricións, Oz introduce a idea de espazos de computación, os cales permiten procuras definidas polo usuario e estratexias de distribución que son ortogonais ao dominio de restricións.

O programa "¡Ola Mundo!" en Oz

[editar | editar a fonte]
  declare
  {Browse 'Hello World'}

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]