Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1952 ![]() Kisumu, Kenya (pt) ![]() ![]() |
Morte | 12 de setembro de 2020 ![]() Kisumu, Kenya (pt) ![]() ![]() |
1º Bispo diocesano | |
18 de outubro de 1993 – 20 de febreiro de 2002 – Philip Arnold Subira Anyolo (pt) ![]() Diocese: Roman Catholic Diocese of Homa Bay (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1993–), sacerdote católico (1980–) ![]() |
Consagración | Jozef Tomko ![]() |
Linus Okok Okwach, nado o 20 de outubro de 1952 e finado o 12 de setembro de 2020, foi un eclesiástico católico latino kenyano, primeiro bispo da diocese de Homa Bay entre 1993 e 2002.[1]
Naceu o 20 de outubro de 1952 en Ojola, no territorio da arquidiocese de Kisumu, e no actual condado de Kisumu.[2][3][4] Foi ordenado sacerdote desta arquidiocese o 10 de decembro de 1980,[2][3][4][5] exercendo entre outros cargos o de reitor do seminario menor de San Gabriel.[6] Durante este período cursou un mestrado na Universidade Católica do África Oriental, rematando en 1989 a súa tese de mestrado The Luo Funeral Rite. Its liturgical Inculturation sobre os ritos funeraios do pobo luo.[7] Serviu na arquidiocese até o 18 de outubro de 1993, cando foi nomeado bispo da diocese de Homa Bay por Xoán Paulo II.[2][4]
O bispo Okwach foi o primeiro ordinario da nova diocese, e foi consagrado bispo en Homa Bay o 31 de decembro de 1993[2][5] polo cardeal Jozef Tomko, e tendo como co-consagradores a Clemente Faccani, pro-nuncio apostólico no país, e ao arcebispo de Kisumu Zacchaeus Okoth. Durante o seu pontificado apoiou a chegada á súa diocese dos Irmáns de San Carlos Luanga, e impulsou varios proxectos de desenvolvemento e educativos na rexión;[3][5] caracterizouse por un goberno disciplinado e áxil da diocese, pola súa piedade, e pola súa humildade.[6][8][5]
Permaneceu no cargo até a súa renuncia o 20 de febreiro de 2002.[2][3] Logo da súa renuncia non permaneceu inactivo, axudando na súa arquidiocese natal cos sacramentos das confirmacións e ordenacións sacerdotais, e traballou nunha tradución do Misal Romano á lingua luo, que quedaría inacabada coa súa morte.[6][8]
Finou no hospital St Monica de Kisumu, logo dunha longa doenza, na noite do 12 ao 13 de setembro de 2020.[3][4][6][8] Foi enterrado na catedral de San Paulo de Homa Bay o 30 de setembro.[6][5]
Vescovo emerito (rin. 20 feb. 2002): S. E. R. Mons. Linus Okok Okwach, n. in Kisumu 20 ott. 1952; ord. 10 dic. 1980; el. 18 ott. 1993; cons. 31 dic. 1993.