Liocarcinus

Liocarcinus

Liocarcinus depurator
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Brachyura
Superfamilia: Portunoidea
Familia: Portunidae
Xénero: Liocarcinus
Stimpson, 1858
Especie tipo
Portunus holsatus
Fabricius, 1798
Especies
Véxase o texto
Liocarcinus corrugatus
Liocarcinus marmoreus

Liocarcinus é un xénero de crustáceos decápodos braquiúros da familia dos portúnidos.

Características

[editar | editar a fonte]

Son cangrexos pequenos, cun cacho de entre 2 e 5 cm de ancho. Aínda que se parecen a un pequeno cangrexo común, é fácil diferencialos debido ao seu último par de patas, esmagadas, adaptadas para a natación. En efecto, poden nadar rápido; a súa natación require unha salinidade relativamente alta, polo que adoitan vivir en zonas máis profundas que o común, a miúdo até os 35 m de profundidade; porén, no mar de Wadden encóntranse tamén en augas superficiais, xa que alí hai alimento en abundancia.

Estes cangrexos nadadores son depredadores, alimentándose de todos os pequenos animais que viven no fondo.

O xénero foi descrito en 1858 polo naturalista estadounidense William Stimpson, e comprende 12 species:[1][2]

Durante algún tempo estiveron icluídas nel varias especies, como:[2]

  • Liocarcinus arcuatus (Leach, 1814), que foi identificada como Liocarcinus navigator (Herbst, 1794)
  • Liocarcinus mcleayi (Barnard, 1947), reclasificada como Xaiva mcleayi (Barnard, 1947), e
  • Liocarcinus puber Manning & Holthuis, 1981, que hoxe é recoñecida como Necora puber (Linnaeus, 1767), a coñecida nécora.

En Galicia

[editar | editar a fonte]

Nas augas galegas están rexistradas 8 especies deste xénero,[3] das que hai que destacar a Liocarcinus depurator e L. navigator xa que, desde a instalación das bateas mexilloeiras nas rías Baixas nos anos 1950, e debido á modificación dos ecosistemas bentónicos, a dicir de Gurriarán e outros, constitúén dous dos principais braquiúros nas nosas augas.[4]

  1. Peter K. L. Ng, Danièle Guinot & Peter J. F. Davie (2008). "Systema Brachyurorum: Part I. An annotated checklist of extant Brachyuran crabs of the world" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology 17: 1–286. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 26 de agosto de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Liocarcinus Stimpson, 1871 no WoRMS.
  3. González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985), pp. 82-97.
  4. Muíño Boedo, Ramón (1977): Estudio de las poblaciones de Liocarcinus arcuatus y Liocarcinus depurator en relación con el cultivo de mejillón en la Ría de Arosa]. Memoria presentada para aspirar al Grado de Doutor en Bioloxía. Universidade da Coruña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]