Lipoatrofia semicircular

Lipoatrofia semicircular
Clasificación e recursos externos
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A lipoatrofia semicircular[1] é un trastorno da graxa subcutánea que se adoita manifestar cun afundimento na cara anterior e lateral das coxas e, ás veces, dos antebrazos.

O fenómeno foi relacionado por primeira vez con edificios en tres pacientes, en 1974 por dous médicos alemáns, Gschwandtner e Munzberger,[2] e en 1981 por dous dermatólogos do ST. Bartholomew's Hospital, de Londres (Karkavitsas e Millar).[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Pode estar presente tanto nunha extremidade (unilateral) como nas dúas (bilateral). Ás veces pode estar acompañada de proídos, alteracións na sensibilidade da zona afectada e no menor dos casos de molestias e dor. A enfermidade, benigna e reversible, adoita afectar as mulleres e acostuma aparecer nas coxas. A lipoatrofia semicircular afecta os oficinistas. A súa forma típica consiste nunha diminución da graxa das coxas formando un semicírculo a unha altura duns 70–75 cm, distancia que coincide coa altura media dos mobles de oficina[4][5] ou por campos electromagnéticos.[6] As forzas do campo magnético non superaban ningún valor límite recomendado; con todo, eran sempre apreciabelmente máis altas cando o posto de traballo o ocupaba un/ha traballador/a diagnosticada/o de LS.[7]

A Generalitat de Cataluña recoñece a lipoatrofia como enfermidade laboral, a pesar de que aínda se están estudando as súas causas. Ten que ver coa contorna laboral, a baixa humidade relativa, as mesas con estruturas metálicas, con cantos a unha altura entre 70–75 cm e sen toma de terra, cousa que favorece as descargas electrostáticas.[5][8][9]

Aínda que houbo algún caso anterior, a enfermidade apareceu en forma de gromo en febreiro de 2007 en Barcelona, e desde entón foise detectando un número maior de casos en diferentes oficinas ao longo do territorio nacional. A pesar de ser unha enfermidade bastante descoñecida, con pouca literatura científica e pouco estudada, crese que hai diversos factores (comúns alí onde houbo casos) que facilitan a súa aparición: lugares con baixa humidade relativa, mesas con estrutura metálica e descargas electrostáticas. O LS parece ser reversible. No 95% das/os empregadas/os que se xubilaban desaparecía totalmente.

Diagnóstico diferencial

[editar | editar a fonte]

É importante distinguir entre a forma anular de lipoatrofia e as formas adquiridas, que se producen como consecuencia de inxeccións intramusculares ou subcutáneas.[10][11]

  1. Rapini, Ronald P.; Bolognia, Jean L.; Jorizzo, Joseph L. Dermatology: 2-Volume Set. Mosby. ISBN 1-4160-2999-0. 
  2. Gschwandtner WR, Münzberger H. Lipoatrophia semicircularis. Ein Beitrag zu bandförmig-circulären Atrophien des subcutanen Fettgewebes im Extremitätenbereich. Der Hautarzt 1974; 25: 222-227 / Gschwandtner WR, Münzberger H. Lipoatrophia semicircularis. Wiener klein. Wochenschr. 1975; 87: 164-168
  3. Revista British Journal of Dermatology no Volume 105, páx. 591.
  4. Hodak E, David M, Sandbank M. "Semicircular lipoatrophy--a pressure-induced lipoatrophy?" (6). PMID 2279347. doi:10.1111/j.1365-2230.1990.tb02147.x. 
  5. 5,0 5,1 Gómez-Espejo C, Pérez-Bernal A, Camacho-Martínez F. "A new case of semicircular lipoatrophy associated with repeated external microtraumas and review of the literature" (4). PMID 15987293. doi:10.1111/j.1468-3083.2005.01092.x. 
  6. Flagothier C, Quatresooz P, Pierard GE. "Electromagnetic lipolysis and semicircular lipoatrophy of the thighs" (6-7). PMID 16885849. doi:10.1016/S0151-9638(06)70967-X. 
  7. Maes A, Curvers B, Verschaeve L. Lipoatrophia semicircularis: the electromagnetic hypothesis. Electromagnetic Biology and Medicine 2003; 22
  8. Hodak E, David M, Sandbank M. "Semicircular lipoatrophy--a pressure-induced lipoatrophy?" (6). PMID 2279347. 
  9. Flagothier C, Quatresooz P, Pierard GE. "Electromagnetic lipolysis and semicircular lipoatrophy of the thighs" (6-7). PMID 16885849. 
  10. Atlan-Gepner C, Bongrand P, Farnarier C, Xerri L, Choux R, Gauthier J.F,Brue T,Vague P, Grob JJ, Vialettes B. Insulin-induced lipoatrophy in type I diabetes.Diabetes Care.1996; 9: 1283-1285.
  11. Imamura S, Taniguchi S. Lipoatrophic lesions preceded by pain and erythema a new clinical entity? Eur. J. Dermatol. 2000; 10: 540-541

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Senecal S, Victor V, Choudat D, Hornez-Davin S, Conso F. Semicircular lipoatrophy: 18 cases in the same company. Contact Dermatitis 2000; 42: 101-120.
  • Filona G, Bugatti L, Nicolini M, Ciattaglia G; Lipoatrofia semicircolare: due casi. Unita Operativa di Dermatologia Ospedale "
  • A. Murri" ASL, Cruceta, G., Síndrome de Lipoatrofia Semicircular relacionado con los Edificios, Revista El Instalador, 2007, nº 444:114-121).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]