Liptornis hesternus Rango fósil: Mioceno medio | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Liptornis hesternus Ameghino, 1894 |
Liptornis hesternus é unha especie de ave fósil de afinidades incertas. Foi descrita polo paleontólogo arxentino Florentino Ameghino en 1894 a partir de vértebras cervicais datadas no Mioceno medio da Patagonia. Daquela foi relacionado cos Pelecanidae, aínda que isto é cuestionable. Nunha revisión paleontolóxica feita en 1933, Lambrecht relacionouno coa superfamilia Sulides sen clasificalo nunha familia.[2] Un estudo posterior suxeriu clasificalo na familia Anhingidae.[3]
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |