Lirio (homónimos)

Lirio pode designar os seguintes conceptos:

  • Lirio, planta de hábitos húmidos, da familia das iridáceas, con variedades cultivadas e silvestres, follas longas en forma de espada e flores en acio terminal brancas, violetas, azuis etc. Igualmente designa a propia flor, á que tamén se coñece como lis.
  • Lirio, micromamífero roedor (Eliomys quercinus), de cor gris e rabo peludo, leirón.
  • Lirio, especie de rata de hábitats campestres ou fluviais, semellante á común, de cor negra pero de cola máis curta (Arvicola sapidus).
  • Lirio, un dos nomes da rata común (Rattus norvegicus).
  • Lirio, peixe da familia dos gádidos (Micromesistius poutassou) semellante ó bacallau, pero máis pequeno.