Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Derry, Reino Unido |
Educación | Universidade Queen’s de Belfast |
Actividade | |
Ocupación | guionista, dramaturga |
Familia | |
Cónxuxe | Tobias Beer |
Premios | |
| |
|
Lisa McGee, nada en 1979/1980[1] é unha dramaturga e guionista de Irlanda do Norte. McGee é a creadora e guionista de Derry Girls, unha serie de comedia que comezou a emitirse en Channel 4 no Reino Unido en xaneiro de 2018.[2][3] En 2018, foi catalogada como unha das 100 mulleres da BBC.[4]
McGee naceu en Derry, Irlanda do Norte, e estudou teatro na Universidade Queen's de Belfast.[5] Foi escritora vinculada ao Royal National Theatre de Londres en 2006. As súas obras inclúen Jump, The Heights, Nineteen Ninety Two e Girls and Dolls, polas que gañou a Stewart Parker Trust New Playwright Bursary 2007.[6][7]
Os créditos televisivos de McGee inclúen The Things I Haven't Told You para BBC Three,[8] a serie de televisión irlandesa Raw que ela creou para RTÉ,[9] como guionista de tres series de Being Human para a BBC foi nomeada aos BAFTA, a comedia de situación de Channel 4 London Irish, que ela creou, e escribindo para a serie dramática The White Queen da BBC 1 foi nomeada ao Globo de Ouro, Indian Summers para Channel 4 e The Deceived para Channel 5 coescrita co seu marido Tobias Beer.[10] A súa obra teatral Jump foi adaptada á pantalla grande.
Está casada co actor Tobias Beer.[11]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lisa McGee |