Listeriaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Listeria monocytogenes | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Listeria Pirie 1940
|
As Listeriáceas ou Listeriaceae son unha familia de bacterias grampositivas da orde Bacillales, cuxo xénero tipo é Listeria (nomeada en honor ao médico británico Joseph Lister), e que comprende tamén o xénero Brochothrix.[1]
As especies do xénero Listeria poden encontrarse no chan, augas residuais, plantas e feces de seres humanos e animais sans. Brochothrix atópase principalmente no chan, carnes, herba e ensilados e carnes refrixeradas.[2].
Son bacilos. Aerobias ou anaerobias facultativas. Non forman esporas. Son positivas na probas da catalase e na reacción de Voges-Proskauer. As do xénero Brochothrix non son móbiles, pero as Listeria teñen mobilidade por flaxelos peritricos. As temperaturas óptimas para Brochothrix están entre 20 e 25 °C e para Listeria entre 30 e 37 °C.
O principal patóxeno da familia é a Listeria monocytogenes que causa no home a listeriose. Listeria ivanovii e Listeria monocytogenes son parasitas de animais. Como Listeria monocytogenes e Brochothrix thermosphacta son tolerantes ao frío poden sobrevivir en alimentos refrixerados. B. thermosphacta pode estragar as carnes, pero non é patóxena para os humanos ou animais.[3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Listeriáceas |