Atención:Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Véxase páxina de conversa
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.(Desde decembro de 2009)
O movemento comeza en España grazas a Rubén Darío, cando este se instala no país e publica Prosas Profanas no 1896, e ten o seu auxe entre os anos 1896
e 1914. As circunstancias da súa aparición foron:
o esgotamento dos temas e formas do Realismo e do Naturalismo, o que xerou un desexo xeral de innovar e de romper con la literatura precedente.
un ambiente de crise social, política e económica, agudizada en España pola perda das últimas colonias españolas en América, coñecido como desastre do 1898, que doe aos intelectuais españois non tanto pola perda en si como pola convicción de que España nunca volverá a ser unha potencia importante.
o reinado de Afonso XIII, quen se propón ampliar as súas posesións no norte de África, o que ten como consecuencia unha guerra, coas súas perdidas económicas e humanas, que provocan malestar social, o que leva a unha revolución e á semana tráxica de Barcelona.
É o produto refinado de distintas influencias: do Romanticismo, do Parnasianismo (caracterizado polo emprego dun léxico exquisito e refinado, pola grande importancia do exótico, a cor e a luz, e cuxo máximo representante foi Théophile Gautier) e do Simbolismo Francés (que se caracteriza polo emprego de numerosos simbolismos, de aí o seu nome; concede grande importancia á musicalidade, que consegue con aliteracións, paralelismos, alusión a palabras pertencentes ao campo da música...; dálle unha grande importancia ao intimismo; os seus máximos representantes foron Verlaine e Mallarmé).
En canto ao léxico, gusta das palabras exóticas, cultas , mitolóxicas ou extravagantes (mesmo de arcaísmos), así coma unha grande riqueza de vocabulario e abundante adxectivación.
En canto á métrica, destaca: a recuperación de versos como o dodecasílabo, o alexandrino ou o hendecasílabo; o emprego do verso libre; a variación e incluso invención de estrofas, aínda que a máis empregada era o soneto ou o uso da rima interna. Como consecuencia, as composicións estaban dotadas dunha grande musicalidade e ritmo.
Os temas máis empregados son maiormente aqueles nos que abunda a fantasía e a imaxinación, polo que os autores modernistas evádense da realidade mediante a referencia ao exótico, ao oriental, ao aristocrático, ao mítico...,aínda que ás veces miran ao seu mundo interior, á intimidade...e só encontran angustia, pesimismo, tristeza...