Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1965 (59 anos) Brisbane, Australia |
Residencia | Ámsterdam |
Actividade | |
Ocupación | xogador de squash |
Deporte | Squash |
Liz Irving, nada en Brisbane o 7 de febreiro de 1965, é unha adestradora e ex-xogadora de squash australiana.
Filla da xogadora de squash Jenny Irving, comezou a xogar no máis algo nivel en 1984 e en maio de 1988 acadou o posto de número dous do mundo. Os seus maiores éxitos producíronse en catro Campionatos do Mundo por equipos consecutivos cando formou parte do equipo australiano gañador no Campionato Mundial de Squash por Equipos Feminino de 1992 celebrado en Vancouver, de 1994 en Saint Peter Port, de 1996 en Malaisia e no de 1998 en Alemaña [1].
En 1993 foi finalista no Campionato do Mundo fronte á súa compatriota Michelle Martin. Tamén foi tres veces finalista no Britisth Open, na final de 1988 perdeu diante da neozelandesa Susan Devoy [2] e as finais de 1994 e 1995 foi contra Martin [3]. Irving gañou, con Dan Jenson, o título de dobre mixto no primeiro Campionato Mundial de dobres de Squash en 1997.
Irving é adestradora de squash dende a súa retirada, aveciñada en Ámsterdam adestrou a grandes xogadoras internacionais como Nicol David[4] ou Vanessa Atkinson [5].