Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque Nacional de Eryri (pt) | |||
Localización | ||||
País da cunca | Reino Unido | |||
División administrativa | Gwynedd, Reino Unido | |||
| ||||
Cordilleira | Eryri | |||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Afon Glaslyn (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 436 m | |||
Profundidade | 58 m | |||
Superficie | 0,45 km² | |||
Llyn Llydaw (literalmente: "lago bretón"[1]) é un lago natural de 0,45 km² no noroeste de Gales.
Está situado ao longo das ladeiras do monte Snowdon, dentro do parque nacional de Snowdonia, no condado de Gwynedd.
Llyn Llydaw esténdese ao noroeste de Llyn Gwynant e do val chamado Nant Gwynant e ao sueste de Llyn Glaslyn.[2]
O Llyn Llydaw ten forma alongada, propia dos lagos formados durante unha erosión glaciar.[3]
En 1873, construíuse un encoro ao longo do Llyn Llydaw para facilitar o traballo nas minas de cobre de Snowdonia.[4] O lago abastece de auga, a través dun tubo de superficie, á central hidroeléctrica de Cwm Dyli, 320 m máis abaixo do val de Nant Gwynant. Foi o primeiro sistema de xeración de electricidade deste tipo no Reino Unido, e foi inaugurado en 1906.
Só se pode chegar a Llyn Llydaw a pé. O aparcadoiro máis próximo é Pen Y Pass Snowdon.[5]
O lago está situado ao longo da pista dos mineiros (Miner's Track), a ruta que leva ao cumio do monte Snowdon.[4]
Segundo a lenda, o Llyn Llydaw sería a morada de Nimue ou Vivienne, coñecida como a Dama do Lago, que tamén tivo un encontro co rei Artur no lugar.[6] Segundo outra versión, desde Llyn Llydaw partiu Artur para Avalon.[7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Llyn Llydaw |