Lobos de Arga | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lobos de Arga |
Director | Juan Martínez Moreno |
Produtor | Tomás Cimadevilla |
Guión | Juan Martínez Moreno |
Intérpretes | Gorka Otxoa Carlos Areces Secun de la Rosa Manuel Manquiña Luis Zahera Mabel Rivera |
Música | Sergio Moure |
Fotografía | Carlos Ferro |
Montaxe | Nacho Ruiz Capillas |
Estudio | Telespan 2000 Vaca Films |
Distribuidora | Telespan 2000 |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 104 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Terror e comedia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lobos de Arga é un filme español de comedia e terror protagonizada por Gorka Otxoa e dirixida por Juan Martínez Moreno, con localizacións en Galicia. Estreouse en galego na TVG o 14 de abril de 2014.[1]
No ano 1910 a Marquesa dos Mariño de Arga (Galicia) recibiu unha maldición dunha xitana sentenciada a morte pola propia marquesa. Cando o seu fillo varón cumpra 10 anos converterase nun lobishome, ademais de que os veciños tamén se converterán unha vez cada 100 anos.
Un século despois, o último descendente dos Mariño, Tomás (Gorka Otxoa), un escritor mediocre, regresa á súa aldea para recibir unha homenaxe sen saber que a "honra" é ser sacrificado nun ritual no que debe alimentar á besta co seu propio sangue para acabar coa maldición.
É unha coprodución de Vaca Films e Telespan 2000, na que participou tamén a TVG. Rodouse durante nove semanas entre Galicia e Madrid e contou cun orzamento de 5 millóns de euros, dos que unha boa parte se destinou ós efectos especiais, maquillaxe e caracterizacións.[2]
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
11ª edición | Mellor filme | Tomás Cimadevilla | Nomeado |
Mellor montaxe | Nacho Ruíz Capillas | Nomeado | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Raquel Fidalgo e Fermín Galán | Gañador |