(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1980 (44 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | escritora, tradutora |
Inés Gallo de Urioste, nada en Buenos Aires o 10 de novembro de 1980,[1] é unha escritora, tradutora e editora arxentina, máis coñecida polo pseudónimo de Lola Copacabana.
Lola Copacabana deuse a coñecer a través do seu blog JustLola, creado en 2003, escrito nun formato similar a un diario tradicional: pequenos parágrafos que relataban diferentes aspectos da súa vida, desde a súa fascinación por Simone de Beauvoir até as súas relaciones de parella pasando pola maternidade e os estudos. Editorial Sudamericana propúxolle publicar un libro a partir do blog, titulado Buena leche.[2]
Amais de editar o seu blog durante dez anos, antologou e traduciu ao castelán do Río da Prata, xunto a Hernán Vanoli, Alt-lit: literatura norteamericana actual (2014, Interzona), antoloxía onde se explora o concepto da literatura alternativa, xénero literario no que se publican obras con deseños de Internet ou da cultura relacionada.[3]
Con Vanoli fundou o selo editorial Momofuku, que publicou en 2015 a súa primeira novela, Aleksandr Solzhenitsyn. Crimen y castigo en la Ciudad Autónoma de Buenos Aires. En 2017 foi seleccionada como unha dos 39 mellores autores latinoamericanos menores de 39 anos no marco do Hay Festival de Bogotá.[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lola Copacabana |