Lonbraz Kann | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lonbraz Kann |
Director | David Constantin |
Produtor | Fred Eyriey |
Guión | Sabrina Compeyron David Constantin |
Intérpretes | Danny Bhowaneedin Raj Bumma Nalini Aubeeluck Jean Claude Catheya Jérôme Boulle Bernard Li Kwong Ken |
Fotografía | Sabine Lancelin |
Montaxe | Morgane Spacagna |
Estudio | Caméléon Production Lithops Films Atopic |
Distribuidora | Invesco |
Estrea | Festival international du film d'Afrique et des îles: 2 de outubro de 2014 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Mauricio |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Lonbraz Kann (tamén coñecido como Sugarcane Shadows)[1] é un filme mauriciano de 2014 dirixido por David Constantin.
A historia segue o peche dunha fábrica de azucre e como afecta aos veciños da zona: as casas dos obreiros das fábricas son destruídas para facer espazo para novas residencias de alto nivel, e úsanse traballadores estranxeiros para axudar nesa construción.
O filme foi galardoado como mellor guión no Festival Internacional de Cinema de Durban de 2015.[1] Tamén gañou dous premios nos Africa Movie Academy Awards 2015: Logro en Cinematografía e Logro en Son.[2]