Lonomia obliqua | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eiruga de Lonomia obliqua, no Brasil. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Lonomia obliqua Walker, 1855 |
Lonomia obliqua é unha especie de avelaíña de América do Sur. É máis coñecida pola súa forma larval, principalmente debido ao mecanismo de defensa da eiruga, xa que conta con pugas urticantes que inxectan un veleno potencialmente mortal. A eiruga foi responsable de moitas mortes humanas, especialmente no sur do Brasil. O seu veleno foi obxecto de numerosos estudos médicos.[1] A especie foi descrita por vez primeira por Francis Walker en 1855. O Guinness World Records clasificouna como a máis velenosa especie de eiruga do mundo.[2]