Los niños invisibles | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Los niños invisibles |
Director | Lisandro Duque Naranjo |
Guión | Lisandro Duque Naranjo |
Intérpretes | Guillermo Castañeda Ingrid Cielo Ospina Gustavo Camacho |
Música | Luis Miguel González |
Estrea | 26 de outubro de 2001 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Colombia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Los niños invisibles é un filme dramático colombiano de 2001 dirixido e escrito por Lisandro Duque Naranjo[1] e protagonizado por Guillermo Castañeda, Ingrid Cielo Ospina, Gustavo Camacho, Gustavo Angarita e Marcela Valencia. O filme gañou o premio especial do xurado no sexto festival internacional de cinema para a infancia en Montreal, Canadá no 2002 e o premio ó mellor guión no quinto festival internacional de cinema para a infancia e a mocidade en Olimpia, Grecia, tamén en 2002.[2][3] Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 75ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4]
Tres nenos están obsesionados coa idea de volverse invisibles, até o punto que realizan un estraño ritual no que deben sacrificar varios animais e dirixirse a media noite a un cemiterio para que as forzas da escuridade os fagan invisibles para o ollo humano.