Lotte Giants | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1975 En Busan desde 1975 | |||
| |||
Liga | |||
Liga | KBO League (1982−presente) | ||
Imaxe do equipo | |||
Retirados | 11 | ||
Cores | Negro, laranxa | ||
Datos do equipo | |||
Estadio | Sajik Yagujang (1986–presente) Ulsan Munsu Yagujang (2014–presente) | ||
Estadios antigos | Gudeok Yagujang (1982–1985) Masan Yagujang (1982–2011) | ||
Dono | Lotte | ||
Adestrador | Vacante | ||
Títulos | |||
KBO (2) | 1984, 1992 |
Os Lotte Giants (롯데 자이언츠) son un equipo profesional coreano de béisbol con sede en Busan, Yeongnam. O club compite na KBO League como membro da división Dream All-Stars, sendo un dos clubs fundadores da liga. Os Lotte Giants son propiedade do conglomerado coreano-xaponés Lotte, o cal tamén posúe aos Chiba Lotte Marines da Nippon Professional Baseball.
Desde 1982 até 1986 utilizaron como estadio local o Gudeok Baseball Stadium, xogando desde aquela no Sajik Baseball Stadium. Os seus maiores éxitos deportivos son os seus dous títulos da KBO, os cales conseguiron en 1984 e 1992. Durante a temporada 2009 acudiron a ver os partidos dos Giants 1,38 millóns de espectadores, sendo este o maior número de asistentes nunha soa temporada para calquera equipo de todo o deporte coreano.[1] Habitualmente, o equipo recibe o nome Gaivotas de Busan (부산 갈매기), xa que este é o paxaro oficial da cidade. Casualmente, a mascota dos Chiba Lotte Marines é tamén unha gaivota.