Lotus | |
---|---|
Información | |
País | Reino Unido |
Fabricante | Team Lotus |
Deseñador | Colin Chapman Geoff Aldridge Martin Ogilvie |
Produción | |
Predecesor | 72 / 76 |
Sucesor | 78 |
Longo | mm |
Largo | mm |
Alto | mm |
Peso | 593 kg. |
Chasis | Monocasco de aluminio |
Suspensión | |
Motor | Ford-Cosworth DFV V8 |
Potencia | 2.993 cm³ |
Transmisión | Hewland FG400 manual, 5-velocidades. |
Tracción | Posterior |
Freos | |
Prestacións | |
Pneumáticos | Goodyear |
Debut | Gran Premio do Brasil de 1976 |
Pilotos | |
Carreiras | 16 |
Gañadas | 1 |
Poles | 1 |
Voltas rápidas | 1 |
Camp. Cons. | 0 |
Camp. Pilt. | 0 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Lotus 77 foi un coche de Fórmula 1 deseñado por Colin Chapman, Geoff Aldridge e Martin Ogilvie pola tempada de Fórmula Un de 1976. O coche foi un deseño para saír do paso tralo fracaso do Lotus 76 e a obsolescencia do Lotus 72 en 1975.
O Lotus 77 ofreceu un deseño monocasco máis delgado, máis lixeiro que os 72, pero igualmente propulsado polo Cosworth DFV. Presentaba unha aerodinámica mellorada e reposicionou os radiadores para axudar a un mellor enfriamento. Os freos dianteiros inicialmente estaban no interior, en liña cos seus predecesores, pero foron movidos cara a fóra nun deseño máis convencional a metade da tempada. A suspensión deseñouse ao redor dunha serie de balancíns no canto da disposición xeralmente usada de brazos oscilantes. A idea detrás do novo sistema era adecuar a suspensión para cada pista específica, tendo en conta a altura da marcha e a superficie da estrada, e como resultado o 77 foi alcumado "o Adxustacar". Funcionou dese xeito, pero a inexperiencia cun coche tan infinitamente axustable significou que os axustes óptimos case nunca foron alcanzados. Os pilotos Mario Andretti e Gunnar Nilsson informaron que a dirección e a marcha eran vagas e insensibles e que o coche carecía de velocidade en liña recta. A Andretti non lle gostaba o coche, proclamándoo un "can". Isto motivou a Lotus para acelerar a investigación e crear o Lotus 78. Andretti saltouse o Gran Premio de Mónaco para competir nas 500 Millas de Indianápolis de 1976.
Logo dun mal comezo de tempada, os 77 demostraron ser o mellores do resto detrás de Ferrari, McLaren e Tyrrell. Andretti traballou duro para desenvolver o coche, e desde mediados da tempada en diante, o rendemento dos 77 recuperouse. Con todo, era máis adecuado para pistas con curvas longas, como Anderstorp, onde Andretti pilotou facilmente antes de que un fallo do motor o retirara. Nos circuítos de Zandvoort e Mosport Park terminou no podio.
Colin Chapman vetou a solicitude de Andretti de correr co Lotus 78 en Zandvoort, polo que Mario correu de mala gana cos 77 ata o final da tempada. A carreira final levouse a cabo en condicións de monzón no Fuji Speedway no Xapón. Andretti pilotou unha carreira táctica intelixente para gañar por unha volta a Patrick Depailler e ao novo campión do mundo James Hunt. Andretti alegrouse de abandonar os 77 para concentrarse no desenvolvemento dos 78 para a tempada 1977 de Fórmula Un.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Motor | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1976 | John Player Team Lotus | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | XPN | 29 | 4º | |
Ronnie Peterson | Ret | ||||||||||||||||||||
Bob Evans | 10 | NSC | |||||||||||||||||||
Mario Andretti | Ret | Ret | Ret | Ret | 5 | Ret | 12 | 5 | 3 | Ret | 3 | Ret | 1 | ||||||||
Gunnar Nilsson | Ret | Ret | 3 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 5 | 3 | Ret | 13 | 12 | Ret | 6 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lotus 77 |