Nome orixinal | Louise Elizabeth Felicite Pourra de la Madeleine du Pierry |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1746 La Ferté-Bernard, Francia |
Morte | 27 de febreiro de 1807 (60/61 anos) Luzarches, Francia |
Actividade | |
Ocupación | astrónoma, pintora, debuxante |
Empregador | Universidade de París |
Xénero artístico | Retrato |
Louise Elizabeth Felicite Pourra de la Madeleine du Pierry, nada en 1746 e finada en 1789, foi unha astrónoma francesa e, segundo as crónicas oficiais, foi a primeira muller que se recolle que foi profesora na Sorbona de París: en 1789 impartiu cursos públicos de astronomía para mulleres na Sorbona -Cours d astronomie ouvert pour les dames et mis à leur portée-.[1] Estudou astronomía con Joseph-Jérome Lalande, director do observatorio de París[2], quen lle chegou a adicar o seu libro "Astronomie des dames" (1790) -no que se recopilaban os cursos impartidos en 1789-[3] afirmando que:
«... elle représente un modèle pour toutes les femmes à cause de ses hautes qualités intellectuelles. »[2]
"...ela representa un modelo para tódalas mulleres debido ás súas altas cualidades intelectuais".