(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1992 (32 anos) Río de Xaneiro, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Brasil España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 213 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 220 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 92 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Boston Celtics | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lucas Riva Amarante "Bebê" Nogueira, nado o 26 de xullo de 1992 en São Gonçalo (Río de Xaneiro), é un ex xogador brasileiro de baloncesto profesional.
Nogueira comezou en 2009 nas categorías inferiores do CB Estudiantes. En 2011, foi cedido ó CB Las Rozas para tempada 2011-12. O 27 de xuño de 2013, Nogueira renovou o seu contrato co Estudiantes por dous anos máis, e a tempada seguinte conseguiu o galardón ó mellor defensor da Liga ACB.[1]
Nogueira foi seleccionado na 16ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Boston Celtics, e foi traspasado ós Atlanta Hawks.[2]
O 30 de xuño de 2014, os dereitos do Draft de Nogueira foron traspasado xunto a Lou Williams ós Toronto Raptors, a cambio de John Salmons e unha elección da segunda rolda do Draft de 2015.[3] O 3 de agosto de 2014, asinou cos Raptors.[4] O 21 de novembro de 2014, Nogueira debutou na NBA, facendo dous puntos e cinco rebotes na vitoria dos Raptors por 124–83 contra os Milwaukee Bucks.[5]
O 9 de setembro de 2018, Nogueira asinou co Baloncesto Fuenlabrada da Liga ACB.[6]
Tralo seu paso polo Al-Muharraq SC de Bahrain e polo Cearense brasileiro, Nogueira anunciou a súa retirada do baloncesto profesional o 3 de febreiro de 2021 debido ás súas lesións.[7]