(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Luciano Grostein Huck 3 de setembro de 1971 (53 anos) São Paulo, Brasil |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Facultade de dereito da Universidade de São Paulo Universidade de São Paulo |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, emprendedor, xornalista |
Período de actividade | 1995 - |
Participou en | |
20 de xaneiro de 2020 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 |
22 de xaneiro de 2019 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019 |
Asia Summit 2020 (en) | |
Reto do balde de xeo | |
Familia | |
Cónxuxe | Angélica (2004–) |
Parella | Ivete Sangalo |
Pais | Hermes Marcelo Huck e Marta Dora Grostein Huck |
Luciano Grostein Huck, nado en São Paulo o 3 de setembro de 1971, máis coñecido como Luciano Huck é un presentador de televisión, empresario e actor brasileiro. Está casado coa tamén presentadora Angélica.
Luciano Huck é fillo da deseñadora e urbanista Marta Dora Grostein e Hermes Marcelo Huck, profesor titular de Dereito Económico da Facultade de Dereito da Universidade de São Paulo.
Cursou Dereito na Universidade de São Paulo, cursando despois Xornalismo na mesma institución. En seguida foi chamado para traballar como xornalista na 95 FM, antiga radio rock de São Paulo, onde protagonizou programas de moito éxito, ademais foi propietario, con outros tres empresarios, dunha filial da emisora no Río de Xaneiro entre os anos 2000 e 2008. Comezou a súa carreira televisiva na TV Gazeta de São Paulo co programa Circulando, que duraba dez minutos ao final da tarde. Pouco despois gañou fama nacional presentando o Programa H, un programa de variedades destinado ao público xuvenil, no cal creou as personaxes Tiazinha e Feiticeira. Actualmente presenta o programa Caldeirão do Huck, na Rede Globo de Televisión, emitido polas tardes do sábado.
Participa anualmente do Show Criança Esperança
É o ideólogo da organización non gobernamental Instituto Criar de TV e Cinema, creada en agosto de 2003, que ten coma obxectivo educar a xoves de baixo poder económico en técnicas do mundo cinematográfico.
Ata o momento participou en cinco películas: Um Show de Verão e Xuxa e os Duendes dos cales foi o protagonista, e os outros tres que non foron divulgados pola Globo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luciano Huck |