Luciano Mariani, nado en 1801 en Cremona e finado o 10 de xuño de 1859 en Castell'Arquato (Provincia de Piacenza), foi un baixo operístico italiano. Entre os moitos papeis creados para el salientasn o de Rodolfo en La sonnambula (Bellini), Alfonso d'Este en Lucrezia Borgia (Donizetti) e Oroe en Semiramide (Rossini). A súa irmá máis vella, Rosa Mariani, foi tamén unha cantante de ópera (contralto) que cantou o papel de Arsace na estrea de Semiramide. Fixeron unha xira por Italia cantando xuntos en moitas óperas. Mariani cantou no Teatro São Carlos de Lisboa dende 1839 a 1840, onde participou en moitas estreas de óperas italianas en Portugal, así como as estreas das óperas Virginia de Antonio Luís Miró e Inês de Castro de Manuel Inocêncio Liberato dos Santos.
- Giorgio Appolonia, Le voci di Rossini, EDA, Torino, 1992, pp.242-251 (for Rosa Mariani).
- Casaglia, Gherardo, "Luciano Mariani", Almanacco Amadeus, 2005. (en italiano)
- Forbes, Elizabeth, "Mariani, Luciano" and "Mariani, Rosa" en Laura Williams Lacy (ed.), The Grove Book of Opera Singers, Oxford University Press US, 2008, p. 304. ISBN 0-19-533765-4