Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1957 (67 anos) Santo André, Brasil |
Cor dos ollos | Negro |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz de cinema |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | John Neschling |
Fillos | Pedro Neschling |
Maria Lucélia dos Santos, nada en Santo André o 20 de maio de 1957, é unha actriz brasileira.
Foi internacionalmente famosa pola súa actuación na telenovela A escrava Isaura,[1] que se mostrou con éxito en 79 países.
Lucélia tamén fixo varias outras telenovelas de grande éxito, como Locomotivas, Feijão Maravilha, Água Viva, Guerra dos Sexos, Vereda Tropical e Sinhá Moça, ademais da serie Ciranda Cirandinha e a miniserie Meu Destino é Pecar, outra obra baseada en Nelson Rodrigues.
Lucélia é filla de Maurílio Simões dos Santos e de Maria Moura dos Santos. Estaba casada co director John Neschling, con quen ten un fillo, Pedro Neschling, que tamén é actor.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucélia Santos |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |