(2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1973 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Educación | Escuela Nacional de Experimentación y Realización Cinematográfica (en) ![]() Universidade de Buenos Aires ![]() |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, escritora, novelista, guionista ![]() |
Participou en | |
2013 | Festival de Cannes 2013 (pt) ![]() |
2007 | Festival de Cannes 2007 ![]() |
Familia | |
Pai | Luis Puenzo ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lucía Puenzo, nada en Buenos Aires o 28 de novembro de 1976, é unha escritora, directora e guionista de cine arxentina, que ademais traballa con produción executiva e investigación.
Puenzo formouse en Guión Cinematográfico na Escola Nacional de Experimentación e Realización Cinematográfica (ENERC) de Buenos Aires, graduándose en 2000.
Debutou como novelista en 2004 coa novela El niño pez e desde estón escribiu: Nueve minutos (2005), La maldición de Jacinta Pichimahuida (2007), La furia de la langosta (2009), Wakolda (2010), que foron traducidas a outros idiomas.
Antes da publicación destes libros, Lucía Puenzo traballara no cine como guionista e en 2007 dirixiu a súa primeira película, XXY, coa que obtivo máis de 20 premios internacionais, entre eles o Grand Prix da Semana da Crítica no Festival de Cannes dese ano. O filme foi candidato aos Premios Goya e gañou o Ariel á mellor cinta estranxeira; recibiu tamén galardóns á mellor película e á mellor dirección nos festivais de Edimburgo, Bangkok, de Atenas e de Montreal, entre outros. A este filme seguiulle ao ano seguinte Los invisibles e en 2009 estreou a primeira adaptación dunha novela: El niño pez.
En 2013 levou ao cine, co mesmo título, o seu libro Wakolda, que se desenvolve en Bariloche e trata sobre a estancia na Arxentina do criminal nazi Josef Mengele. Coprodución de varios países, en España estreouse baixo o nome de El médico alemán. No segundo Festival Internacional Unasur Cine, celebrado en San Juan, obtivo catro premios: mellor película, mellor dirección (Lucía Puenzo), mellor actriz (Natalia Oreiro) e revelación (Florencia Bado).[1][2]
En 2010 a revista británica Granta e Granta en español seleccionárona como unha das 22 mellores escritoras en castelán menores de 35 anos.[3]
É filla do tamén director de cine Luís Puenzo.
Ano | Película | Papel |
---|---|---|
2000 | (H) Historias cotidianas | Guionista |
2003 | La puta y la ballena | |
2006 | A través de tus ojos | |
2007 | XXY | Directora e guionista |
2008 | Los invisibles | Directora |
2009 | El niño pez | Directora e guionista |
2010 | Más adelante (curta) | Directora |
2013 | Wakolda | Directora e guionista |
Ano | Ficción | Papel |
---|---|---|
2015 | Cromo (serie de TV) | Directora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor película estranxeira | XXY | Gañadora |
2014 | Mellor película estranxeira | Wakolda | Nomeada |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor película iberoamericana | XXY | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor película | XXY | Gañadora |
Mellor director | Nomeada | ||
Mellor guión adaptado | Gañadora | ||
2014 | Mellor película | Wakolda | Gañadora |
Mellor director | Gañadora | ||
Mellor guión adaptado | Gañadora |