Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1898 Merano, Italia (pt) |
Morte | 1 de outubro de 1962 (64 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de páncreas |
Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington, Section 43, grave 2618 38°53′08″N 77°04′19″O / 38.885619, -77.071861 |
Actividade | |
Ocupación | escritor, ilustrador, pintor, escritor de literatura infantil |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Madeleine Bemelmans |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Billy Ireland Cartoon Library & Museum biographical files (en) |
|
Ludwig Bemelmans, nado o 27 de abril de 1898 e finado o 1 de outubro de 1962, foi un escritor e ilustrador estadounidense, máis coñecido pola súa serie de libros para nenos Madeline.
O pai de Bemelmans era belga, Lambert Bemelmans, e a súa nai alemá, Frances Fischer, e el naceu en Merano, actualmente en Italia pero entón en Austria, onde seu pai rexentaba un hotel. Medrou en Gmunden, ás beiras do lago Traunsee na Alta Austria.
En 1904, seu pai deixou á familia e súa nai levou a Ludwig e a seu irmán á súa cidade natal, Regensburg, Bemelmans deixou a escola e traballou cun seu tío nun hotel en Austria, pero despois dun problema co director do hotel marchou ós Estados Unidos, onde vivía seu pai.
Durante anos traballou en hoteis e restaurantes e en 1917 entrou no exército, onde chegou ó grao de tetente segundo. En 1918 conseguiu a cidadanía estadounidense. Nos anos vinte intentou dedicarse á pintura, con pouca fortuna. Tivo unha serie de historietas no New York World, "The Thrilling Adventures of the Count Bric a Brac" pero despois de seis meses cancelouse. En 1934 comezou con Hansi a escribir libros para nenos e en 1939 apareceu o primeiro libro da serie de Madeline. Ademais de libros infantís, Bemelmans escribiu libros de viaxe e humorísticos e algún guións para Hollywood, como o de Yolanda and the Thief de Vincente Minnelli.
Cada un dos libros da serie, profusamente ilustrada, comeza da mesma maneira: "In an old house in París, that was covered with vines, lived twelve little girls in two straight lines... the smallest one was Madeline."[1]
As nenas están ó coidado dunha monxa, Miss Clavel. Outros personaxes son Pepito, fillo do embaixador español, Lord Covington (ó que as nenas chaman Cucuface), é o dono da casa e o can Genevieve.
Bemelmans publicou seis historias de Madeline durante a súa vida, e sete máis descubríronse e publicáronse postumamente