Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1851 Granada, España |
Morte | 7 de decembro de 1896 (45 anos) University College Hospital, Reino Unido (en) |
Causa da morte | erro médico (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | pintor |
Período de actividade | 1866 - |
Xénero artístico | Nudez na arte, pintura mitolóxica e retrato |
Movemento | Post-romanticism (en) , Orientalismo e Simbolismo |
Profesores | Gabriel Ferrier (pt) |
Luis Ricardo Falero, nado en Granada o 23 de maio de 1851 e finado no University College Hospital de Inglaterra o 7 de decembro de 1896 foi un pintor do século XIX, que desenvolveu a maior parte da súa carreira en Francia e Inglaterra.
Estudou no Richmond College en Londres e en Francia. De familia acomodada, comezou estudos militares, que non rematou, e tamén de Química e Enxeñaría civil.[1]
Desenvolveu unha pintura baseada en motivos de diversas figuras femeninas, principalmente espidos. A súa pintura é de inspiración fantástica e oriental. Ademais, ilustrou traballos de astronomía de Camille Flammarion.
Finou en Londres aos 45 anos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis Ricardo Falero |
----
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |