Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1961 (63 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Luisa Fernández, nada en Vigo o 14 de agosto de 1961 é unha cantante pop galega establecida en Alemaña.
Luisa Fernández naceu en 1961 en Vigo nunha familia con sete irmáns. A principios da década de 1970, a familia trasladouse a Alemaña e instalouse en Alveslohe (Kreis Segeberg) nos arredores de Hamburgo. Alí asistiu á escola e logo formouse como peiteadora.
En 1977, aos dezaseis anos, Fernández foi descuberta nunha competición de talentos na discoteca Zur Kutsche de Alveslohe, onde recibiu un contrato de gravación. O single Lay Love on You saíu a principios de 1978 e alcanzou o 7.º posto en Alemaña, o 5.º en Austria e o 15.º en Suíza. En Bélxica, foi disco de ouro. O seu disco debut Discodarling, producido por John David Parker tamén se tornou nun grande éxito. O mesmo ano, tamén editou a versión alemá Ein Mann wie du, mais tivo máis éxito na versión de Tina York. Un segundo single de éxito no verán de 1978 foi Give Love a Second Chance, que chegou ao posto 11 en Alemaña e ao 16 en Austria. En 1979 apareceu o seu segundo álbum Spanish Dancer.
Despois do final da "era Disco", non se escoitou moito sobre Fernández durante un tempo, ata que coñeceu o cantante e produtor alemán Peter Kent. En 1986, os dous músicos gravaron o sinxelo Solo por ti, que se converteu nun Top 20 en Alemaña e acadou o número 1 en Austria, país onde a parella tivo os seus maiores éxitos: os singles Con esperanza, Dos horas más, La luna lila (Purple Moon), Quizás, quizás, quizás e Y tú estiveron na listaxe das 20 mellores. En 1997 Fernández finalizou a colaboración con Peter Kent.
Ano | Título | Posición[1] | Observacións | ||
---|---|---|---|---|---|
Alemaña | Austria | Reino Unido | |||
1987 | L P | — | 24 (2 semanas) |
— | Publicado en xuño de 1987 con Peter Kent |
1992 | Ambiente | — | 39 (1 semana) |
— | Publicado en agosto de 1992 con Peter Kent |
Outros álbums
con Peter Kent
Ano | Título | Posición | Observacións | ||
---|---|---|---|---|---|
Alemaña | Austria | Reino Unido | |||
1978 | Lay Love on You | 7 (30 semanas) |
5 (16 semanas) |
31 (9 semanas) |
Publicación: xaneiro de 1978 |
1978 | Give Love a Second Chance | 11 (16 semanas) |
16 (12 semanas) |
— | Publicación: xuño de 1978 |
1986 | Solo por ti | 18 (12 semanas) |
1 (24 semanas) |
— | Publicación: agosto de 1986 con Peter Kent |
1987 | Con esperanza | — | 7 (16 semanas) |
— | Publicación: xaneiro de 1987 con Peter Kent |
1987 | Quizás, Quizás, Quizás | — | 12 (6 semanas) |
— | Publicación: maio de 1987 con Peter Kent |
1987 | Dos horas mas | — | 16 (6 semanas) |
— | Publicación: agosto de 1987 con Peter Kent |
1988 | Mañana | — | 19 (2 semanas) |
— | Publicación: xuño de 1988 con Peter Kent |
1989 | Y tu | — | 14 (8 semanas) |
— | Publicación: novembro de 1988 con Peter Kent |
1990 | La luna lila (Purple Moon) | — | 5 (19 semanas) |
— | Publicación: xullo de 1990 con Peter Kent |
1991 | Illusion (Ilusion) | — | 25 (3 semanas) |
— | Publicación: maio de 1991 con Peter Kent |
1992 | Perdona | 75 (3 semanas) |
— | — | Publicación: xuño de 1992 con Peter Kent |
outros sinxelos