Lunar Orbiter 1 | |
---|---|
Un modelo dunha nave Lunar Orbiter | |
Tipo | Orbitador lunar |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 10 de agosto de 1966, 19:26 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Atlas SLV-3 Agena D[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][4][5] |
Obxectivo da misión | Fotografía da superficie lunar.[2][4][5] |
Decaemento | 29 de outubro de 1966[1] |
NSSDC ID | 1966-073A |
Masa | 385,6 kg[2] |
Potencia | 375 W[2] |
Lunar Orbiter 1 foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 10 de agosto de 1966 mediante un foguete Atlas SLV-3 Agena D desde Cabo Cañaveral cara a Lúa.[1][2][4][5][3]
Lunar Orbiter 1 foi unha sonda do programa Lunar Orbiter para fotografar a maior parte da superficie lunar cunha resolución de ata 1 metro de cara a facilitar o camiño para as alunizaxes do proxecto Apollo. Tamén levaba a bordo medidores de intensidade da radiación e de impacto de micrometeoritos.[1][2][4][5][3]
Lunar Orbiter 1 foi posta nunha órbita de aparcamento terrestre o 10 de agosto de 1966 para ser inxectada nunha órbita de transferencia cisluar pouco despois. Durante a súa viaxe á Lúa experimentou a perda temporal do sensor estelar que apuntaba a Canopus e problemas de quecemento. A sonda foi inxectada nunha órbita elíptica case ecuatorial cun período de 3 horas e 37 minutos ás 92,1 horas despois do lanzamento. O periapse inicial era de 189,1 km (baixado ata os 40,5 km o 25 de agosto) e o apoapse inicial era de 1866,8 km.[1][2][4][5][3]
A nave tomou 42 imaxes de alta resolución e 187 de media resolución, cubrindo 5 millóns de km2 de superficie lunar e obtendo as dúas primeiras fotografías da Terra desde a distancia da Lúa. Tamén recolleu datos sobre a radiación, non detectando ningún impacto de micrometeoritos. Tras cumprir a súa misión a nave foi estrelada contra a superficie da Lúa o 29 de outubro de 1966, tras 577 órbitas.[1][2][4][5][3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lunar Orbiter 1 |