Lunar Orbiter 2

Lunar Orbiter 2
Un modelo dunha nave Lunar Orbiter
TipoOrbitador lunar
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento6 de novembro de 1966, 23:21 GMT[1][2][3]
Foguete portadorAtlas SLV-3 Agena D[2][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][4][5]
Obxectivo da misiónFotografía da superficie lunar.[2][4][5]
Decaemento11 de outubro de 1967[1]
NSSDC ID1966-100A
Masa385,6 kg[2]
Potencia375 W[2]

Lunar Orbiter 2 foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 6 de novembro de 1966 mediante un foguete Atlas SLV-3 Agena D desde Cabo Cañaveral cara a Lúa.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Lunar Orbiter 2 foi unha sonda do programa Lunar Orbiter para fotografar a maior parte da superficie lunar cunha resolución de ata 1 metro de cara a facilitar o camiño para as alunizaxes do proxecto Apollo. Tamén levaba a bordo medidores de intensidade da radiación e de impacto de micrometeoritos.[1][2][4][5]

Lunar Orbiter 2 foi inxectada nunha órbita cislunar, chegando á Lúa tras 92,5 horas de viaxe. Colocouse nunha órbita elíptica case ecuatorial cun periapse inicial de 196 km (baixado ata os 49,7 km tras 33 órbitas) e un apoapse inicial de 1850 km, cunha inclinación de 11,8°.[1][2][4][5]

A nave tomou 609 imaxes de alta resolución e 208 de media resolución, perdéndose seis imaxes debido ao fallo dun amplificador no último día de transmisións. Tamén recolleu datos sobre a radiación, rexistrando tres impactos de micrometeoritos. Tras cumprir a súa misión a nave foi estrelada contra a superficie da Lúa o 11 de outubro de 1967, usándose para probar técnicas de seguimento.[1][2][4][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "LUNAR ORBITER 2" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (28 de outubro de 2022). "Lunar Orbiter 2" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  3. "Letter dated 21 March 1967 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (67-07072). 31 de marzo de 1967: 2. Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Lunar Orbiter 1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "Lunar Orbiter" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]