Lunar Orbiter 3 | |
---|---|
Un modelo dunha nave Lunar Orbiter | |
Tipo | Orbitador lunar |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 5 de febreiro de 1967, 1:17 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Atlas SLV-3 Agena D[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][4][5] |
Obxectivo da misión | Fotografía da superficie lunar.[2][4][5] |
Decaemento | 9 de outubro de 1967[1] |
NSSDC ID | 1967-008A |
Masa | 385,6 kg[2] |
Potencia | 375 W[2] |
Lunar Orbiter 3 foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 5 de febreiro de 1967 mediante un foguete Atlas SLV-3 Agena D desde Cabo Cañaveral cara a Lúa.[1][2][4][5]
Lunar Orbiter 3 foi unha sonda do programa Lunar Orbiter para fotografar a maior parte da superficie lunar cunha resolución de ata 1 metro de cara a facilitar o camiño para as alunizaxes do proxecto Apollo. Tamén levaba a bordo medidores de intensidade da radiación e de impacto de micrometeoritos.[1][2][4][5]
Lunar Orbiter 3 foi inxectada nunha órbita cislunar, chegando á Lúa o 8 de febreiro e colocándose nunha órbita elíptica cun periapse inicial de 210,2 km (baixado ata os 55 km tras 25 órbitas) e un apoapse inicial de 1801,9 km, cunha inclinación de 20,9°.[1][2][4][5]
O mecanismo de avance da película fotográfica mostrou algúns problemas, polo que decidiuse comezar a transmitir a terra as imaxes antes do previsto. O catro de marzo o motor do mecanismo de avance avariouse completamente, co que quedaron sen transmitir a cuarta parte das imaxes obtidas. En total a nave enviou 477 imaxes de alta resolución e 149 de media resolución. A nave foi estrelada contra a superficie da Lúa o 9 de outubro de 1967, usándose para probar técnicas de seguimento.[1][2][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lunar Orbiter 3 |