Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1932 (92 anos) Pelotas (Rio Grande do Sul) |
País de nacionalidade | Brasileira |
Actividade | |
Ocupación | Escritora de literatura infantil |
Período de actividade | 1972 - |
Xénero artístico | Literatura infantil |
Premios | |
Premio Memorial Astrid Lindgren Premio Hans Christian Andersen | |
Descrito pola fonte | Iedereen Leest (en) ProDetLit (en) >>>:Божунга Лижия, |
Sitio web | casalygiabojunga.com.br |
Lista
|
Lygia Bojunga Nunes, nada en Pelotas o 26 de agosto de 1932, é unha escritora brasileira. Foi galardoada co Premio Hans Christian Andersen en 1982.
Xunto con Ruth Rocha, Ana Maria Machado e Eva Furnari, é unha das principais expoñentes da nova ola da literatura infantil do Brasil.[1]
Iniciou a súa vida profesional como actriz, téndose dedicado á radio e ao teatro, até retomala literatura.
Coa obra Os colegas (1972) conquistou un público que se solidificou con Angélica (1975), A casa da madrinha (1978), Corda bamba (1979), O sofá estampado (1980) e A bolsa amarela (1981). Por estes libros recibiu, en 1982, o Premio Hans Christian Andersen, o máis importante premio literario infantil. O premio foi concedido pola International Board on Books for Young People, afiliada á UNESCO. Os colegas xa antes conquistara o primeiro lugar no Concurso de Literatura Infantil do Instituto Nacional do Livro (INL), en 1971, con ilustracións de Gian Calvi.
Lygia Bojunga Nunes ten recibido reiterados eloxios da crítica especializada, quer brasileira, quer estranxeira. No escenario brasileiro, con frecuencia ten sido referida como a herdeira ou sucesora de Monteiro Lobato, por estabelecer un espazo no que o neno ten — a través da liberdade da imaxinación — unha chave para a resolución de conflitos, o que Monteiro Lobato mostrou saber facer con mestría. Algunhas veces, no escenario internacional, acostúmase comparala a Saint-Exupéry e a Maurice Druon, pola notábel sensibilización infantil destes a través de O Principiño e O menino do dedo verde, respectivamente. Con efecto, misturando con habilidade o real e a fantasía, Lygia alcanza, nun estilo fluente, entre o coloquial e o monólogo interior, perfecta comunicación co seu lector.
Consciente de que literatura é comunicación, a autora non recusa tratar de temas considerados problemáticos como o suicidio, en 7 cartas e 2 soños (1983) e O meu amigo pintor (1987); asasinato, en Nós três (1987) e abandono dos fillos pola mai, no conto Tchau, no volume do mesmo nome (1985).
Co libro Um encontro com Lygia Bojunga Nunes (1988), reuniu textos sobre a súa relación coa literatura, presentando, de forma dramatizada, o resultado do seu traballo.
Ese é tamén o inicio dunha reflexión metaliteraria, que se estende por Paisagem e Fazendo Ana Paz, ambos de 1992, onde reflectiu sobre o que é facer literatura, facendo literatura, liña que ten en Feito à mão (1996), unha realización radical, pois o libro foi feito con papel reciclado e fotocopiado — unha alternativa á produción industrial.
Con Seis vezes Lucas e O abraço, tamén de 1996, retoma un tema instigante deste final de século: unha literatura dirixida a calquera lector, estando no obxecto-libro a maneira de adecuala ás diversas etapas da vida humana.
É un dos maiores nomes da literatura infantil e xuvenil brasileira e mundial, así consagrada pola calidade da súa obra e caracterización da problemática dos nenos, acuada dentro do núcleo familiar.
A súa obra xa foi publicada en alemán, francés, español, sueco, noruegués, islandés, holandés, dinamarqués, xaponés, catalán, húngaro, búlgaro e finés.
Os seus libros teñen sido altamente recomendados pola crítica europea e están sendo radiofonizados en varios países, sendo que un deles,Corda bamba, foi filmado na Suecia.
Casada cun inglés, vive parte do seu tempo en Londres e parte no Río de Xaneiro. A autora prepara unha transposición para o teatro de 7 cartas e 2 sonhos.