Lyncornis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lyncornis macrotis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Lyncornis é un xénero de aves da orde dos caprimulxiformes, familia dos caprimúlxidos, un dos dous integrados na subfamilia dos eurostopodinos.[1][2][3]
O xénero foi descito en 1838 polo naturalista e ornitólogo inglés John Gould,[2][3] na súa obra A synopsis of the birds of Australia, and the adjacent islands.
O nome científico Lyncornis está formado pola unión dos elementos Lync- e -ornis, ambos os dous tirados do grego antigo λύγξ lýnx "lince", e ὄρνις, órnis, "paxaro".[4]
Litertalmente "ave-lince".
O xénero comprenende dúas especies:[2][3][5]
Imaxe | Nome científico | Distribución |
---|---|---|
Lyncornis temminckii Gould, 1838 | Brunei, Indonesia, Malaisia, Singapur e Tailandia | |
Lyncornis macrotis (Vigors, 1831) | Sri Lanka, Bangladesh, India, Indonesia, Laos, Malaisia, Filipinas, Tailandia e Vietnam |
Anteriormente ambas as especies clasificáronse no xénero Eurostopodus. Pero foron trasladadas ao xénero Lyncornis en base aos resultados dun estudo de filoxenética molecular publicado en 2010 que atopou grandes diferenzas xenéticas entre estas dúas especiese as de Eurostopodus.[5][6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lyncornis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lyncornis |