MVL-300

MVL-300 / Mikhailo Lomonosov
Maqueta de MVL-300
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónUniversidade Estatal M. V. Lomonosov de Moscova, NPO VNIIEM[1]
Data de lanzamento28 de abril de 2016[2][3][4]
Foguete portadorSoiuz 2-1a Volga[1][3]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Vostochni[3][5]
Obxectivo da misiónObservatorio de altas enerxías.[3][5]
NSSDC ID2016-026A
Masa645 kg[1][3][5]
Datos orbitais
Semieixo maior6779 km[2]
Inclinación97,0°[2]
Apoapse412,8 km[2]
Periapse403,3 km[2]

MVL-300, acrónimo de Mikhail Vasilyevich Lomonosov 300, foi un observatorio espacial ruso lanzado o 28 de abril de 2016 mediante un foguete Soiuz 2-1a Volga desde o cosmódromo de Vostochni.[1][3]

Características

[editar | editar a fonte]

MVL-300 foi nomeado polo 300 aniversario do científico ruso Mikhail Lomonosov. Foi deseñado pola Universidade Estatal M. V. Lomonosov de Moscova e por NPO VNIIEM para o estudo dos gromo de raios gamma e para o estudo dos fenómenos transitorios na atmosfera superior terrestre.[1][3][4][6]

MVL-300 foi construído usando o bus Kanopus. Tiña unha masa de 645 kg e os seguintes instrumentos:[1][3][4][6]

  • BDRG (Blok Detektirovaniya Rentgenovskogo e Gamma izlycheniya), un trío de detectores de raios X e raios gamma montados perpendicularmente uns respecto dos outros para estudar variedade de fenómenos e para servir de disparador para o instrumento ShOK.
  • ShOK (Opticheckiye Kameri Svepkhirokogo Polya Ereniya), un par de cámaras ópticas cun gran campo de visión que tomaban varias imaxes por segundo para poder detectar lixo espacial, destelos ópticos na atmosfera, novas e supernovas, asteroides e gromos de raios gamma.
  • UFFO (Ultra-Fast Flash Observatory), formado por dous instrumentos: UBAT (UFFO Burst Alert and Trigger telescope) e SMT (Slewing Mirror Telescope).
  • DEPRON (Dozimetr Elektronov, PROtonov, Neutronov), un dosímetro para medir a intensidade e enerxía das partículas de alta enerxía na contorna da nave.
  • TUS (Trekovaya UStanovka), un espello concentrador de 1,8 m2 con sensores para o ultravioleta próximo para estudar o lado nocturno da Terra e detectar choivas de raios cósmicos pola súa interacción coa atmosfera terrestre.

MVL-300 foi deseñado para durar tres anos, pero aos dez meses do comezo da misión o sistema de transmisión de datos fallou, finalizando as operacións.[1][3][4][6]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Mightysat-2 (P99-1)" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "MVL 300" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (28 de outubro de 2022). "MVL 300" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Note verbale dated 15 June 2016 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (16-04898 (E)). 2 de agosto de 2016: 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xullo de 2023. Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2023). "MVL-300" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  6. 6,0 6,1 6,2 NASA (24 de setembro de 2020). "Lomonosov" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]