Macadamia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follaxe e froitos | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Macadamia tetraphylla' L.A.S.Johnson |
A macadamia (Macadamia tetraphylla) é unha árbore na familia Proteaceae, nativa de Nova Gales do Sur e Queensland en Australia. Coñécese polo seu froito comestíbel, a noz de macadamia, noz poppel (Poppel Nut), noz de Queensland ou noz de casca áspera (Rough-shelled Queensland Nut)
Esta especie ten unha follaxe densa e medra até 18 metros de altura. As follas, de marxes dentades, miden de 7 a 25 cm de longo. Ten flores longas pénsiles, do cor rosa cremosa a púrpura, ás que seguen froitos lígneos e arredondados, que miden de 2 a 3 cm de diámetro e conteñen sementes comestíbeis.[1]
Foi introducido en México, desenvolvéndose con xeito nos estados Michoacán e Xalisco.[2]
Macadamia tetraphylla foi a primeira planta en terse cultivado por australianos non indíxenas como cultura comercial. A primeira plantación comercial de árbores de macadamia realizouse a comezos da década de 1880, a 12 km ao sueste de Lismore, Nova Gales do Sur consistente de M. tetraphylla.[3] Plantóns da plantación orixinal foron usados como portaenxerto para as variedades modernas enxertadas ben entrado o século XX. Esta plantación orixinal foi finalmente clareada e substituída por variedades modernas enxertadas a mediados da década de 1990.
Macadamia tetraphylla foi descrita por Lawrence Alexander Sidney Johnson e publicado en Proceedings of the Linnean Society of New South Wales 79(1): 15–16. 1954.[4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macadamia tetraphylla |