Macela do Casaio

A macela do Casaio[1] Santolina rosmarinifolia é un gamallo recendente planta do xénero das santolinas, na familia das asteráceas. Non é unha macela verdadeira.

Detalle da inflorescencia
Vista da planta

Descrición

[editar | editar a fonte]

Planta subarbustiva de clima mediterráneo.

Ramas novas pouco ou nada leñosas, herbáceas, verdes. Follas moi alongadas, lineares, rugosas, marxe con pequenos lóbulos ou dentes, de cor verde intenso ou verde-agrisado polo feixe e esbrancuxadas polo envés. Inflorescencia en capítulos terminais solitarios, amarelos e de moita densidade. Brácteas aquilladas, papiráceas e laciniadas. Floración de primavera a verán segundo zonas e altitude.

Usos e coidados

É unha planta perenne que atura moi ben as condicións secas dalgunhas zonas da Península Ibérica. Utilízase en xardinaxe xa que permite aforrar auga, pois se adapta moi ben ás condicións xéricas extremas. Doutra banda a súa floración é moi espectacular, pois de cada talo xorde unha flor composta de cor amarela.

Lugares pedrentos e areentos, rochedos secos. É unha planta asociada ás formacións de aciñeiras con matogueiras pouco densas e pastos de zonas montañosas até 1700 msnm .

En castelán chámanlle bolinares ás matogueiras de pequeno porte nos que aparece esta especie. Son plantas frecuentes nestas formacións: Artemisia campestris, Marrubium vulgare, Chondrilla juncea, Cichorium intybus, Centaurea ornata. Atópanse en desmontes, terrapléns, beirís dos camiños e mesmo en barbeitos de varios anos.

Distribución

[editar | editar a fonte]

No Mediterráneo occidental, na Península Ibérica, e no norte de África no Atlas e na Cabilia. É rara en Galiza, podendo aparecer nas zonas máis secas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Santolina rosmarinifolia foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 842. 1753.[2]

Etimoloxía

Santolina: nome xenérico que deriva do latín sanctus = "sagrado" e linum = "liño", baseada nun antigo nome dunha especie deste xénero.[3]

rosmarinifolia: epíteto latino que significa "coas follas do romeu".[4]

Sinonimia
  • Santolina rosmarinifolia subsp. pectinata (Lag.) Maire
  • Santolina pectinata Lag. [1816]
  • Santolina chamaecyparissus ssp. pectinata (Lag.) Bonnier & Layens [1894]
  • Santolina variifolia Salisb. [1796]
  • Santolina tuberculosa Lam[5].
  • Santolina chamaecyparissus subsp. viridis Rouy
  • Santolina pectinata Lag.
  • Santolina rosmarinifolia subsp. canescens (Lag.) Nyman
  • Santolina rosmarinifolia subsp. rosmarinifolia
  • Santolina viridis Willd[6][Cómpre referencia].
  1. Nome vulgar galego en Guía de plantas medicinais de Galicia, Vigo, Galaxia, 1996 e Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. "Macela do Casaio". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 7 de novembro de 2013. 
  3. En Nombres Botánicos
  4. En Epítetos Botánicos
  5. "Santolina rosmarinifolia L.". Tela Botánica. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 06 de xuño de 2016. 
  6. "Anthos. Sistema de información sobre las plantas de España". Real Xardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 25 de novembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]