Un macuahuitl ([maːˈkʷawit͡ɬ]) é unha arma de madeira con follas de obsidiana. O nome deriva da lingua náhuatl e quere dicir "man de madeira".[1] Os seus lados contan con coitelas prismáticas tradicionalmente feitas con obsidiana. A obsidiana é quen de producir un filo máis afiado que as coitelas de aceiro de alta calidade. O macuahuitl era unha arma estándar de combate corpo a corpo.
O emprego do macuahuitl como unha arma está rexistrado dende o primeiro milenio. Na época da conquista española, o macuahuitl estaba amplamente distribuído en toda Mesoamérica. A arma era usada por diferentes civilizacións como os aztecas, os maias, os mixtecas e os toltecas.
Un exemplo desta arma sobreviviu a conquista de México; formou parte da Real Armería de Madrid até que foi destruída por un lume no ano 1884. As imaxes dos deseños orixinais sobreviviron en diversos catálogos. A réplica máis antiga é o macuahuitl creado polo medievalista Achille Jubinal no século XIX.
Soustelle, Jacques (1961). Daily Life of the Aztecs: On the Eve of the Spanish Conquest. Patrick O’Brian (Trans.). Londres: Phoenix Press. OCLC503937820.
Townsend, Richard F. (2000). The Aztecs (revised ed.). Londres: Thames and Hudson. ISBN978-0500281321.
Peter Weller (Host), Jin Gaffer( Writer and Director), Mark Cannon (Series Director), Randy Martini (Series Producer) (2006). Jeremy Siefer, ed. Engineering an Empire: The Aztecs (Documentary). History Channel.
Cervera Obregón, Marco A. (2006b). "The macuahuitl: A probable weaponry innovation of the Late Postclassic in Mesoamérica". Arms and Armour, Journal of the Royal Armouires, Leeds3.
Cervera Obregón, Marco A. (2007a). "El macuahuitl, un arma del Posclásico Tardío en Mesoamérica". Arqueología Mexicana(en castelán)84.
Cervera Obregón, Marco A. (2007b). "El armamento entre los mexicas" (en castelán). Gladius, CSIC, Polifemo, Madrid, con prólogo de Ross Hassig.
16.Francisco de Auguilar, untitled account, in The Conquistadors, 139–140, 155.